Bota a andar novo obradoiro de emprego compartido entre Sober, Pantón e O Saviñao

RibeiraSacraXa
Trátase do obradoiro de emprego Ricra VIII, cun total de 20 participantes
Apertura do Obradoiro de Emprego Ricra VIII
Apertura do Obradoiro de Emprego Ricra VIII
4 Dec 2024

En marcha o obradoiro de emprego Ricra VIII, que comparten os concellos de Pantón, Concello de Sober e Concello O Saviñao , que compatibiliza a formación teórica coa experiencia profesional.

Contará nesta edición cun total de 20 prazas e unha vez superado o curso satisfactoriamente, obterase o certificado de profesionalidade correspondente.

Nesta oitava edición mantense a especialidade de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, con seis alumnos, e incorpora como novidade actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, que conta con sete alumnos. Ademais, impártense Traballos de carpintaría e moble, que conta con outros sete participantes.

⚙ Configurar cookies
0.64464902877808