Bo papel do Korbis nos Campionatos de España infantís

RibeiraSacraXa
O equipo infantil masculino do Korbis logrou unha gran octava praza no Campionato de España e as rapazas do infantil feminino foron 22ª
INFANTIL FEMININO KORBIS
24 Maio 2022

O Campionato de España infantil por equipos encumbrou ao Korbis monfortino, unha entidade con apenas nove anos de historia pero que goza xa dun gran presente e, sobre todo, dun interesante futuro. Porque a localidade almeriense de Roquetas del Mar acolleu do 18 ao 22 de maio o cita entre os 32 mellores equipos femininos na categoría infantil. Mentres, nesas mesmas datas pero en Soria, reuníronse os 24 mellores equipos masculinos.

En ámbalos dous Campeonatos de España estivo presente o Korbis, sorprendendo ademais cun máis que meritorio oitavo posto entre os chicos e a vixésimo segunda posición feminina.

Os vixentes campións gallegos infantís fixeron unha moi boa fase de grupos, impoñéndose con claridade ao Melilla (3-0) e ao San Roque (3-1) e caendo únicamente ante o Barcelona (3-0).

Na segunda liguilla para os postos do 1º ao 12º, o Korbis empezou cunha ilusionante victoria ante o Levante (1-3) pero a derrota co Salesianos Elche (0-3) deixábao fora da loita polas medallas.

A desilusión pasoulle factura aos monfortinos, que perderon os seus dos seguintes compromisos ante Almería (0-3) e de novo co Barcelona (3-0) para acabar ocupando a octava praza.

No Campionato de España infantil feminino, as rapazas do Korbis tamén debutaron con victoria sobre o Cartes (3-0). A derrota no segundo compromiso ante o Planells (3-0)  provocou que o último encontro da primeira fase fora decisivo para tratar de colarse nos oitavos de final. As monfortinas presentaron unha dura batalla pero acabaron caendo por un apretado 3-2 co Elche.

Na pelexa polos postos do 16º ao 32º, o Korbis gañou o seu primeiro partido ao CV Iniesta (3-0), caeu no seguinte ante o Motilla (1-3) para vencer a continuación ao Santo Domingo (3-2), gañándose o dereito para loitar polos postos 21º e 22º co Alcobendas, un choque no que acabaron impoñéndose as madrileñas por 3-1.

XUVENIL FEMININO

O bo resultado conseguido por ámbolos dous equipos do Korbis nestes Campionatos de España infantís únense á vixésimo cuarta praza que acadaron as xuvenís a primeiros de mes na cita nacional da súa categoría.

TAMÉN EN CADETES E BENXAMÍNS

As participacións dos diferentes equipos do Korbis nas citas nacionais aínda non remataron xa que a primeiros do mes de xuño chegará o turno para os cadetes no seu Campeonato de España mentres que a finais de ese mesmo mes será o momento dos benxamíns.

0.12188220024109