Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás colaboran nun programa de asesoramento a mulleres en situación de vulnerabilidade

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A iniciativa dará comezo este xoves cunha charla feminista na Casa da Cultura de Barbadás.
Aprendiendo-Feminismo-UNED
18 Jun 2025

Os concellos de Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás poñen en marcha o Programa Exeria, unha iniciativa destinada a ofrecer atención e asesoramento a mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade. O programa comezará este xoves cun encontro feminista que se celebrará na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás.

Nesta actividade, que dará inicio ás 19:00 horas e será de entrada libre, a politóloga e investigadora social Áida Santos presentará e debaterá sobre o seu libro "Hijas del hormigón", publicado en marzo e que recibiu boas críticas.

⚙ Configurar cookies
0.1621470451355