Baixan os contaxios na zona Centro e Sur da provincia
A provincia de Lugo continúa controlando a covid superado xa o pico da curva.
Así, este martes os casos activos sitúanse en 1.721, que son 46 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 96.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 41 casos novos (onte foron 50) e as altas chegaron ás 9.060, 100 en 24 horas, o día anterior foron 145.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.970 casos rexistrados e 183 persoas falecidas, unha muller de 92 anos de Sarria.
Pola contra, a presión hospitalaria regúlase. Nas UCI hai tres casos menos, 26 en total, dous deles na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 72 persoas (4 máis que onte), 42 no hospital de Lugo (1 menos), 10 na Mariña (4 máis) e 20 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Terra Chá
Vilalba empeza coa remisión do virus aínda que lentamente pero, pola contra, o gromo de Guitiriz segue sumando casos malia as medidas impostas dende o Concello.
- Vilalba rebaixa 8 ata 170 positivos.
- Nova subida para Guitiriz, 9 casos máis que onte para chegar a 41.
- Cospeito mantén os 13 casos de onte.
- A Pastoriza baixa xa dos dez casos.
- Outeiro de Rei mantén 12.
- Begonte baixa un ata 15.
- Castro de Rei segue con 19.
- Friol segue con 10.
- Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes seguen en retroceso con 4 casos menos ata 55.
A Mariña
A situación na Mariña mantense controlada. O Vicedo e Cervo quedan por debaixo dos 10 casos e Xove ten máis preto a meta. Viveiro reduce a velocidade de baixada.
- Viveiro segue á baixa con 73, 2 menos.
- Xove baixa 5 casos tamén ata 11.
- Burela suma 1 positivo máis e son 24.
- O Vicedo baixa de golpe de 20 casos a estar fóra da zona de vixilancia. Cervo tamén ten xa menso de 10.
- Foz segue con 11.
- Ribadeo rebaixa 2 a 17.
- Barreiros é o único concello sen casos novos nos últimos 15 días.
Centro da provincia
Lugo segue á baixa ao igual que Palas de Rei, mentres repuntan lixeiramente Portomarín, Monterroso e Guntín. Becerreá volve á tranquilidade.
- Lugo segue rebaixando a incidencia, esta xornada en en 6 casos ata 383.
- Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 3 menos e 43 en total.
- Monterroso suma 1 ata 17.
- Portomarín suma tamén 1 e xa son 14 afectados.
- Guntín sobe a 12 casos, un máis.
- Becerreá xa ten menos de 10.
- Castroverde mantén 19 en total.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
Sarria segue á baixa ao igual que Láncara e Paradela.
- Sarria rebaixa a 88 contaxios, 5 menos.
- Láncara ten un caso menos hoxe, 17.
- Paradela rebaixa a 10 casos (1 menos).
Ribeira Sacra
Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas moderadas nunha comarca á baixa a nivel xeral pero con algún crecemento lento en concellos como Taboada.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 168 casos, 15 menos que onte.
- Quiroga segue en descenso con rebaixa con 54, 5 menos que onte.
- Chantada estabilízase en 34.
- Nova subida en Taboada que pasa a ter 16 casos, 3 máis.
- O Saviñao rebaixa 6 e queda con 20 contaxios.
- Pantón mantén 19.
- Pobra do Brollón segue con 15.
- Sober segue con 12 casos.