Babaluva Teatro actuará esta tarde na Casa da Cultura de Quiroga para conmemorar o Día do Libro

A Casa da Cultura do Concello de Quiroga acolle o espectáculo ‘Garavanciña e o Esquío’ para conmemorar o Día do Libro, que é mañá, 23 de abril.
A partir das 20.00 horas, Babaluva Teatro representará esta obra de teatro que abarca monicreques de mesa, luva, de obxectos e bunrraku.
A peza presenta unha selección de contos, poemas, refráns, cancións e adiviñas relacionados coa agricultura e as sementes recollidos nos cancioneiros e refraneiros populares galegos.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler conta moito da Rede de bibliotecas públicas da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Quiroga.