Avanzan as obras de humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

RibeiraSacraXa
O proxecto contempla reducir o impacto visual dos muros de formigón que actualmente salvan a pendente do terreo mediante catro plataformas
obras-plaza-luis-garcia-arias-chantada
19 Sep 2025

As obras de mellora da Praza Luis García Arias, situada na parte alta da vila e moi próxima a centros educativos, instalacións deportivas e locais de hostalaría, desenvólvense a bo ritmo desde principios de setembro. O proxecto ten como obxectivo transformar este espazo nunha zona máis accesible e agradable para o vecindario.

Con un orzamento total de 75.000 euros, a intervención conta con financiamento da Xunta de Galicia, que achega 40.000 euros, e 35.000 euros procedentes de fondos municipais. O proxecto contempla reducir o impacto visual dos muros de formigón que actualmente salvan a pendente do terreo mediante catro plataformas, segundo explicou o alcalde, Manuel Lorenzo Varela. “Estánse recortando os muros para baixar o seu nivel e que o formigón resulte menos visible. Nas próximas semanas realizarase o encofrado dos novos muretes e na plataforma inferior instalarase un parque infantil”, detallou.

Os traballos incluíron tamén a retirada dos adoquíns e da solera para habilitar novas zonas verdes. A praza manterá distintos niveis: o parque infantil ubicarase na primeira plataforma, mentres que as restantes converteranse en espazos axardinados con céspede, árbores e bancos para o descanso. Ademais, eliminaranse as escaleiras para mellorar a accesibilidade.

O alcalde destacou a boa acollida da iniciativa entre os veciños. “Unha das nosas prioridades é crear espazos máis agradables para veciños e veciñas. Estamos moi contentos coa resposta, xa que moitas persoas do entorno coméntannos que están desexando ver como queda a nova praza”, sinalou.

O prazo previsto para a finalización da obra é de dous meses, polo que o Concello espera que os traballos conclúan a finais de outubro e que a praza poida ser utilizada polo vecindario a partir de novembro.

⚙ Configurar cookies
0.041671991348267