Avanzan a bo ritmo as obras de construción do miradoiro da Cariza en Taboada
O alcalde de Taboada, Roi Rigueiro, dá conta do proceso das obras de construción do miradoiro da Cariza, na parroquia de Castelo e sostén que está "moi contento de ver como avanzan".
Así, explicou que xa está case lista a plataforma de madeira desde a que se desfrutará das vistas, a falta de puír algúns detalles para favorecer o acceso.
Así mesmo, colocarase unha mesa interpretativa con información no espazo libre entre as dúas pasarelas, e tamén se sinalizará convenientemente o acceso desde Castelo.
Ademais, di, que se colocará mobiliario sinxelo para que a xente que visite a Cariza poida sentarse e, chegado o momento, plantarase algunha árbore autóctona nos arredores para que dea sombra.
"E, por suposto, teremos un detalle coas persoas que cederon gratuitamente o terreo para que nós puideramos acometer este proxecto. A nosa idea é, co tempo, poder dispoñer dunha rede de miradoiros, ou recursos turísticos análogos, por boa parte do noso territorio", concluíu Rigueira.