Augas de Galicia rehabilitou varios sistemas de abastecemento de auga de Folgoso do Courel
Varias infraestruturas hidráulicas do Concello de Folgoso do Courel foron melloradas por Augas de Galicia.
A través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, esta entidade rematou obras hidráulicas destinadas a recuperar varias instalacións de abastecemento afectadas polos incendios en seis núcleos do concello de Folgoso do Courel.
A intervención, que contou cun investimento de 200.000 euros, permitiu a rehabilitación dos sistemas de abastecemento aos núcleos de Folgoso, Mazo de Santigoso, A Campa, Vilar, Vidallón e Vilamor.
Tamén se levou a cabo a reposición e execución das bocas de incendio precisas para dispoñer de elementos de apoio na extinción de lumes.
As obras incluíron, así mesmo, a recuperación das captacións afectadas, a instalación de depósitos prefabricados e a reposición de conducións e arquetas, así como a instalación de varias bocas de incendio.