Ata o día de hoxe, 2 de xaneiro, manterase a iluminación do programa Acende o Xacobeo

RibeiraSacraXa
La iniciativa Acende o Xacobeo ilumina 52 edificios gallegos significativos 15 de ellos en la provincia de Lugo
2 Jan 2022

O programa Acende o Xacobeo ilumina 15 edificios emblemáticos da provincia de Lugo para darlle a benvida ao Ano Santo 2022, nunha edición ampliada da iniciativa que se está a desenvolver nas fins de semana do Nadal e que comezou o pasado día 23.

A iluminación que conta cunha frecha frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 sobre un fondo azul, volveuse acender o día 30 de decembro ata o día de hoxe, 2 de xaneiro, nas localizacións seleccionadas. Con respecto ao ano pasado, sumáronse tres novos puntos en Triacastela, Monterroso e Palas de Rei.

Na comarca da Ribeira Sacra ilumínanse a Casa de Lemos de Chantada (casa da cultura) e a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos.

No conxunto de Galicia ilumínanse medio cento de edificios distribuídos polos dez itinerarios xacobeos, e tamén se trasladou este proxecto ao resto das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño e ás Oficinas de España no Estranxeiro (OET) para que se poidan volver unir á celebración deste Xacobeo; xa están confirmados os primeiros oito emprazamentos internacionais en cidades como Dublín, Bruxelas ou Lisboa. O ano pasado a iniciativa permitiu iluminar máis dun cento de puntos por todo o mundo para darlle a benvida á celebración do Xacobeo, iluminándose emprazamentos en cidades como Londres, Dublín ou Torn, en Polonia.

CONCURSO FOTOGRÁFICO
Do mesmo xeito en que se fixo na primeira edición, Acende o Xacobeo tamén ten o seu concurso fotográfico nas redes sociais para animar a compartir esta iniciativa.

Os participantes só terán que publicar unha fotografía na que se vexan persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).

O concurso estará aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14605808258057