Asfáltase a rúa Doutor López Suárez de Monforte

RibeiraSacraXa
Asfáltase a rúa Doutor López Suárez de Monforte no marco das actuacións de mellora da cidade que está levando a cabo o Concello
Monforte López Suárez asfaltado
18 Dec 2022

O Concello está a desenvolver actuacións de mellora das rúas e, por iso, o alcalde, José tomé Roca, informa do asfaltado da rúa Doutor López Suárez.

Tamén estase actuando noutras catro rúas da cidade, as rúas Echegaray, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga. A suma dos investimentos que o Concello destinou a estes 5 proxectos supoñen unha inversión de case 1800.000 euros (177.064,09€) e que consisten na mellora e renovación do firme de ditas rúas.

“Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a licitar a contratación de obras, servizos e subministros públicos para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 7 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.

Rúa Doutor López Suárez

Nas obras desenvoltas nestes días, o Concello mellorou o firme desta rúa que se ubica na zona do Cuartel da Garda Civil de Monforte, que une as rúas Morín con Rosalía de Castro. Neste caso, procedeuse á renovación do firme desta rúa, nunha extensión de 238 metros lineais.

Para a renovación da rúa Dr. López Suárez, fresouse de toda a superficie da vía, ó bacheo para suprimir os afundimentos, e nestes días estase a colocar unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor. Por último, se procederá ó pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados. O orzamento que o Equipo de Goberno para estas a mellora desta vía municipal foi de 51.637,95 euros.

O rexedor monfortino resaltou que “o traballo para mellorar o Concello non para en ningún momento en todos os seus aspectos, xa sexa no rural, no saneamento, no abastecemento, nos parques nas rúas ou no Polígono”.

0.18565487861633