Asesoran a nove concellos sobre a aplicación de novas directrices da paisaxe

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa
Francisco Barea animou hoxe aos representantes de nove concellos da provincia a colaborar na aplicación das directrices da paisaxe de Galicia
23 Apr 2021

O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea, animou hoxe aos representantes municipais de nove concellos da provincia de Lugo a implicarse de forma activa e colaborar na aplicación práctica das Directrices da Paisaxe de Galicia, a primeira ferramenta deste tipo coa que conta a Comunidade e que entraron en vigor o pasado 20 de febreiro.

Así llelo trasladou esta mañá o director do IET a alcaldes e edís dos concellos de Triacastela, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Samos, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e O Incio no transcurso dunha xuntanza informativa celebrada no local municipal Fonte do Lunar, en Triacastela.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva máis dun mes celebrando este tipo de reunións para dar a coñecer a nivel local o contido das Directrices. Neste sentido, Barea sinalou que están pensadas como unha nova ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición á vangarda do país en materia paisaxística.

A Xunta considera de gran importancia este tipo de encontros para dar o coñecer o seu alcance, por canto recollen unha serie de normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17317700386047