As XXII Xornadas Divulgativas da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra puxeron fin en Monforte

RibeiraSacraXa
A coral Coral Polifónica do Concello de Monforte ofreceu un concerto Igrexa Nosa Señora da Antiga
coral-polifonica-monfote
24 Nov 2025

A actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos puxo fin este sábado ás XXII Xornadas Divulgativas que organiza a Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra e coas que colabora o Concello de Monforte.

As xornadas deste ano celebráronse baixo o lema “Gastronomía, Música e Camiño” e culminaron cunha visita á queixaría da Gandería Puluán e o posterior concerto da Coral Polifónica do Concello de Monforte na Igrexa Nosa Señora da Antiga, ao que asistiu a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como unha cea de irmandade coas corais para pechar a edición deste 2025.

⚙ Configurar cookies
0.071732044219971