As Xornadas Micolóxicas da Asociación Lactouros regresan do 23 ao 25 de outubro

RibeiraSacraXa
Haberá actividades gastronómicas, divulgación e saídas ó monte en distintos espazos de Monforte
Xornadas-Micolóxicas-Os-Lactouros
15 Oct 2025

A Asociación Micolóxica Lactouros organiza os días 23, 24 e 25 de outubro en diferentes espazos de Monforte a uadraxésimo cuarta edición das Xornadas Lactouras, cun programa que combinará gastronomía, divulgación científica e actividade no monte, co obxectivo de achegar o mundo dos cogomelos á cidadanía desde diferentes perspectivas.

As xornadas comezarán o 23 ás 20:00 horas cunha exhibición gastronómica con degustación a cargo do cociñeiro Marcos López na Gastrotasca. Para participar será preciso inscribirse no teléfono 671 473 982. O venres 24 de outubro, ás 20:00 horas, o Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá a charla “Fungos medicinais: tradición e saberes populares en Galicia”, a cargo de María Cabaleiro, doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo e especialista en etnomicoloxía. A actividade será de balde e non precisa de inscripción previa.

Por último, o sábado 25 de outubro, ás 10:00 horas, terá lugar a tradicional saída ó monte, cun percorrido guiado para a identificación de especies, seguida dun Xantar Lactouro na Abadía San Simón, ás 14:30 horas, para o que se require de inscrición previa.

Dende a asociación convidan a toda a veciñanza a participar nestas xornadas pensadas para gozar dos cogomelos desde o padal, o coñecemento científico e a convivencia no monte.

⚙ Configurar cookies
0.071288108825684