As xogadoras do Quiroga Volei amosan a súa solidariedade coas persoas con cancro

RibeiraSacraXa
Antes de comezar os partidos desta fin de semana amosouse un cartel da Asociación Española Contra o Cancro para concienciar sobre a importancia da investigación
quiroga-volei-aecc
2 Feb 2026

Esta fin de semana as nenas do Club Quiroga Volei protagonizaron unha xornada especial, na que as xogadoras mostraron o seu apoio ás persoas que loitan contra o cancro cun pequeno xesto simbólico antes de saír á pista, amosando unha pancarta xunto a representantes da Asociación Española Contra o Cancro.

No apartado deportivo, o equipo xuvenil logrou unha cómoda vitoria por 3-0 fronte ao CV Emeve de Lugo, mentres que o cadete caeu nun encontro moi igualado contra o Club Volei Dumbría, cun resultado final de 3-1 a favor dos visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.081773042678833