A Xunta reduce aforos e as reunións para frear a covid

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
hostalería bar restaurante
21 Xul 2021

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, fixo públicas as novas normas coas que o Goberno galego tenterá parar esta nova vaga que aínda non chegou ao pico de contaxios e que pasan principalmente por limitar aforos, pedir probas para acceder á hostalaría e restrinxir o número de persoas nas reunións.

Deste modo, a primeira das medidas será un cambio nos concellos con limitacións. Tras todo este tempo sen concellos en alerta máxima, sete, ningún da provincia de Lugo, entrarán a partir do sábado, cando se fará efectiva a nova normativa. Así mesmo, en alerta alta entrarán Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo.

HOSTALARÍA

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, na que se sitúan os concellos mariñaos, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar.

O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

REUNIÓNS

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dous unidades de conviventes nos dous casos, que antes era só unha recomendación.

Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.

0.18416905403137