As promesas do trail galego adestraranse en Chantada

RibeiraSacraXa
Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia participarán en maio nas xornadas tecnificación de CxM da Federación Galega de Montañismo
trail-chantada
18 Apr 2025

O Concello de Chantada acolle o 1 de maio as xornadas tecnificación de CxM da Federación Galega de Montañismo para os adestramentos técnicos das categorías infantil, cadete e xuvenil. De modo que unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e a seleccionadora da Federación reuniranse en Chantada para a preselección destas categorías utilizando parte do percorrido do Trail Heroica Sacra.

En horario de 9.00 horas a 19.00 horas os corredores adestrarán nos tramos das marxes do río Asma ata a desembocadura no Miño para seguir polos Codos de Belesar e subir a Chantada polo Camiño de Inverno.

O ano pasado tamén, a Federación Galega de Atletismo escollera Chantada para unha sesión técnica cunha vintena de participantes da selección galega de cadetes e infantís.

O Concello de Chantada colabora con estas actividades aportando os servizos e infraestruturas necesarias para a realización das distintas probas nun tipo de deporte que busca terreos con desnivel onde haxa un percorrido permanente de trail para poder adestrar. “Para nós é unha honra que Chantada sexa o destino escollido por ambas Federacións para desenvolver estas probas. Ademais somos un punto central para que poidan vir nenos de toda Galicia”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

⚙ Configurar cookies
0.1637589931488