As probas de Cros Escolar regresan a Monforte e Chantada

RibeiraSacraXa
As primeiras citas terán lugar os días 19 e 26 de outubro, mentres que a proba clasificatoria para o campionato provincial celebrarase o 16 de novembro
circuito-comarcal-cros-escolar-chantada
Circuito de Cros Escolar de Chantada
18 Oct 2025

As competicións de campo a través volven á provincia coa iniciativa do Cros Escolar, que contará con varias probas preparatorias antes da fase clasificatoria do campionato provincial. A primeira cita será en Monforte de Lemos, o 19 de outubro, e a segunda en Chantada, o 26 de outubro. A proba clasificatoria celebrarase novamente en Monforte o 16 de novembro.

O Concello de Chantada ofrece a posibilidade de participar de xeito gratuito nestas competicións a través do programa Xogade, sen necesidade de estar inscrito nas Escolas Deportivas de Chantada. Os torneos desenvolveranse en horario de mañá, e a actividade inclúe traslados en autobús e seguro, ademais de contar coa compañía de dous adultos por participante (persoal técnico do Concello e voluntarios).

Para máis información e inscricións, os interesados poden consultar as imaxes informativas, chamar ao 616 53 33 39 ou acceder á web municipal.

⚙ Configurar cookies
0.07072114944458