As prazas para participar da maratón do Quiroga Trail Challenge están esgotadas, pero hai sitio para as demais
Desde a organización do Quiroga Trail Challenge, que terá lugar neste 2024 os vindeiros 24 e 25 de febreiro, informan de que as prazas para participar da maratón de 42 km están esgotadas.
Así, as persoas interesadas poden aínda apuntarse á Ultra, a proba máis dura, que contará cun percorrido de 90 quilómetros, outra Ultra de 62 quilómetros, o Trail de 29, o minitrail de 17 e a andaina de 17, que se celebrarán o día 24.
Os organizadores explican que as persoas que participen poderán coñecer o Xeoparque Montañas do Courel, descubrir a xeoloxía, a arqueoloxía, a flora e a fauna da serra do Courel; tamén celebrar o décimo aniversario da iniciativa, que terá agasallos; a festa de despois do "sufrimento", con cervexa, polbo, música...
Finalmente, din que o Quiroga Trail Challenge Land "é máis que un reto, é unha aventura, unha nova experiencia, irrepetible e inolvidable", sosteñen.