Mimosas e rata-toupa foron os puntos centrais do pleno de Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
La mimosa, rata-toupa y la invasión de Ucrania fueron los temas centrales del pleno ordinario de Folgoso do Courel.
concello folgoso courel
26 Mar 2022

O Goberno local do Concello de Folgoso do Courel aprobou na súa sesión de Pleno ordinario unha moción para paliar o impacto económico da invasión de Ucraína. A proposta explica que as incertezas que derivan da situación tras a Guerra de Ucraína están a provocar un excepcional impacto económico no tecido produtivo e nas familias, que están a facer fronte a unha escalada sen precedentes no relativo aos prezos enerxéticos, así como á escaseza dalgunhas materias primas esenciais na cadea agro-mar-industria e outras industria. Ademais, empresas presentes nestes dous países ou que lles viñan exportando os seus produtos e servizos vense afectados por unha contracción dos seus mercados, ao igual e as localidades turísticas que acollían a súa cidadanía.

Así, desde o Goberno local precisan que se fai necesario adoptar medidas urxentes para que os sectores como a industria, o agro e o mar poidan continuar coa súa actividade, mantendo o emprego, e para que as familias poidan facer fronte e a súas facturas.

Pídenlle ao Goberno que tome como medida a baixada dos impostos que gravan a electricidade, o gas, a gasolina e o gasóleo, que teña en conta medidas específicas para os sectores máis afectados: transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandería e turismo. Que rectifique a política enerxética abrupta que se vén levando a cabo e apostar por unha transición planificada, proporcional e xusta e que reverta o incremento xeneralizado de impostos, descartando a implantación de peaxes nas autovías que suporían novas cargas para as familias e os sectores produtivos esenciais.

Tamén instan á Xunta de Galicia a analizar, xunto cos sectores máis afectados polas consecuencias da invasión de Ucraína (transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandería, turismo ...) e, en coordinación coas políticas que ao efecto se impulsen pola Unión Europea e polo Goberno de España, a poñer en marcha aquelas medidas necesarias, no ámbito das súas competencias, coa finalidade de mitigar a situación pola que atravesan os mencionados sectores.

Erradicación das mimosas
En relación coa iniciativa presentada por C@urel Vivo sobre a erradicación de mimosas, a rexedora, Lola Castro, explica que se veñen de solicitar as axudas específicas para esta fin no marco das subvencións para as Reservas da Biosfera, unha vez que o Concello forma parte desta rede e pode optar a elas. Deste xeito, a intención do Goberno local é a de actuar para que a praga non siga reproducíndose polo territorio.

Solucións para os afectados pola rata-toupa
Tamén se aprobará unha iniciativa para que a Consellería do Medio Rural inicie algunha acción máis efectiva ou se incrementen os efectivos para poder trampear con máis frecuencia e intensidade os problemas que está a causar a praga de ratas toupas nos pasteiros e praderías do Courel alto.

Demandan ademais que se contemple algún tipo de axuda para os gandeiros afectados mentres non se consiga reverter a praga, posto que as solucións propostas non están a dar un resultado óptimo.

0.18803906440735