As piscinas municipais da Pobra de Trives abren este xoves
RibeiraSacraXa
As instalacións comezan a funcionar tras recibirse os resultados das analíticas da auga

10 Jul 2025
As piscinas municipais da Pobra de Trives abren este xoves as súas portas logo de recibir os resultados das pertinentes analíticas da auga trala cloración e comprobar, segundo informa o Concello, que todas están en orde. A veciñanza poderá gozar destas instalación a partir das 12:00 horas deste xoves e durante todo o que resta de verán.
Serán unhas das últimas en abrir da provincia, xa que a maioría das instalacións abriron xa a mediados de xuño.