As piscinas de Taboada recuperan o servizo de bar

O Concello de Taboada informa de que o bar da Área Recreativa da Medela volveu abrir as súas portas este luns, recuperando así as piscinas este servizo moi demandado pola veciñanza.
O motivo do atraso debeuse a que a primeira licitación quedou deserta e foi necesario convocala de novo. Agora, o bar permanecerá aberto no mesmo horario que as piscinas, que abriron xa o pasado 21 de xuño, Así, as instalación poderán ser usadas pola veciñanza de luns a venres, de 14:30 a 20:30 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 12:30 a 20:30 horas.