As persoas interesadas xa se poden inscribir nas actividades das Escolas Deportivas de Monforte

RibeiraSacraXa
Ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2023-2024 e que oferta actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos (a partir de 16 anos).
Gala do Deporte entrega premios Monforte 2023
6 sep 2023

Ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2023-2024 e que oferta actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos (a partir de 16 anos).

Así, as actividades para nenos e nenas serán golf, pádel, Kung Fu e zumba infantil, mentres que para os adultos serán as de ximnasia de mantemento, Tai Chi, ioga e zumba; que comezarán a partir de outubro e prolongaranse ata finais do mes de maio de 2024, completando así un total de 8 meses lectivos.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal ata o 20 de setembro.

O luns 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades e a lista de admitidos e admitidas confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Cursos de natación

Na piscina climatizada municipaltamén hai ofertados un número importante de cursos e actividades para un total de 220 prazas repartidas en 22 grupos. Os cursos de natación organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro.

Os cursos ofertados serán para bebés de a partir de 6 meses (3 grupos), para infantil a partir de 3 anos (6 grupos), para nenos a partir de 6 anos (7 grupos) e para adultos a partir de 13 anos (6 grupos). Tamén se van a ofertar 2 grupos de ximnasia acuática (2 grupos) e aerobike (3 grupos) cunha carga horaria semanal de 2 clases de 45 minutos.

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na piscina municipal poderano facer a partir do 20 de setembro para os socios e a partir do 25 de setembro para os non socios.

Ademais, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de setembro, entre as 15.00 e as 21.00 horas levaranse a cabo as probas de nivel co fin de que os interesados se matriculen no curso correspondente co seu nivel de natación, unha vez fagan ditas probas.

Cartel_Escolas_Deportivas_Monforte_2023_2024
0.068540811538696