As persoas interesadas en aprender marcha nórdica poderán facelo en Taboada o vindeiro 26 de agosto

RibeiraSacraXa
A Asociación Cultural o Carballo de Taboada organiza un curso de iniciación á marcha nórdica para o vindeiro sábado, 26 de agosto.
área recreativa a Medela Taboada
18 Ago 2023

A Asociación Cultural o Carballo de Taboada organiza un curso de iniciación á marcha nórdica para o vindeiro sábado, 26 de agosto.

Impartido por Alberto Fidalgo Pesquera, este curso ten como obxectivo formar ás persoas interesadas neste deporte e ás que lles guste camiñar e facer exercicio.

A sesión será de dúas horas e media e comezará ás 17.30 horas na área recreativa da Medela. As prazas son limitadas, polo que haberá que inscribirse contactando coa asociación.

Marcha nórdica Taboada
0.055309057235718