As participantes do Programa de Pintura de Chantada expoñen os seus traballos na Casa da Cultura

RibeiraSacraXa
A exposición poderá visitarse ata o 12 de xaneiro e é o resultado de tres meses de traballo
expo-programa-pintura-chantada
15 Dec 2025

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026 a exposición dos traballos realizados no Programa de Pintura que desenvolve a Concellería de Servizos Sociais no Edificio Multiusos de Chantada.

Os obradoiros, que se dividen en pintura ao óleo e pintura en tea, están dirixidos a persoas maiores de 65 anos xubiladas e contan con máis de 50 participantes, na súa maioría mulleres.

A exposición amosa o resultado do aprendido polas persoas participantes durante os tres meses que levan de clases. Na mostra pódense ver sabas, camisetas, bolsos, coxíns, manteis, diferentes figuras e elementos decorativos, entre os que destaca unha ampla variedade de cadros con distintos motivos.

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.086206912994385