As obras para reconstruír a estrada LU-P-5303 á altura de Ribas de Sil durarán máis dun mes

RibeiraSacraXa
As obras para reconstruír a estrada LU-P-5303 á altura de Ribas de Sil durarán máis dun mes xa que queren construír un muro
Estrada San Clodio Ribas de Sil
9 Mar 2023

A Deputación de Lugo está a reconstruír a estrada provincial LU-P-5303, desde San Clodio ao límite provincial de Ourense por Torbeo, á altura de Ribas de Sil.

A institución provincial acomete polo procedemento de emerxencia uns traballos aos que destina 86.600 euros e que consisten na construción dun muro para soster a plataforma da vía, que quedou parcialmente afundida por unha rotura do terraplén e evitar novos desprendementos á altura do quilómetro 2.350.

Para acometer estas obras, a LU-P-5303 permanecerá cortada ao tráfico durante un mes e medio no treito que vai dende o inicio da estrada ao punto quilométrico 3.

Os cortes estarán sinalizados para que os usuarios e usuarias poidan tomar desvíos alternativos.

0.22355318069458