As obras para a construción da residencia de maiores de Pantón comezarán en xuño

RibeiraSacraXa
As instalacións da nova residencia da terceira idade de Pantón terán capacidade para 36 prazas
Concello-de-Pantón
18 May 2024

A Fundación San Rosendo, que xestionará a residencia da terceira idade de Pantón, vén de adxudicar as obras para a súa construción é empresa Gómez Crespo. Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000 euros.

Pola súa banda o Concello de Pantón cede os terreos, unha leira ao carón da Praza do Concello, por baixo da casa da cultura, entre as rúas Fernández Núñez e Ourense.

Antes do 15 de xuño colocarase a primeira pedra desta obra, polo que na primavera do vindeiro ano, as obras da residencia terían que estar remadas. As instalacións da nova residencia da terceira idade de Pantón terán capacidade para 36 prazas e suporán a creación de 25 postos de traballo.

“Para o Concello de Pantón sacar adiante esta residencia é a culminación a un proceso que traerá maiores facilidades de atención para os nosos maiores. Tentamos que a nosa xente maior, que non pode ter outro tipo de coidados, poida pasar en Pantón a maior parte do seu tempo nas mellores condicións posibles”, destaca o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.

0.16740322113037