As obras na estrada LU-P-1801 permitirán a rehabilitación da vía en Chantada e Carballedo

A estrada provincial LU-P-1801, de Chantada aos Peares por Nogueira, estará pechada ao tráfico a semana que vén debido ás obras que a Deputación está a acometer.
Entre o punto quilométrico 7.000 e 8.000 a circulación permanecerá interrompida, cos desvíos alternativos debidamente sinalizados, entre o luns e o mércores.
No caso do autobús escolar, deixarase pasar con paradas puntuais durante a execución das obras.
A actuación permitirá a rehabilitación por emerxencia desta vía nos termos municipais de Chantada e Carballedo, así como o arranxo da LU-P-1010, da Touza á Granxa pola Presa dos Peares, en Carballedo, no punto quilométrico 3,650.
No caso da LU-P-1801, a vía viuse afectada por desprendementos de terras, polo que se asegura a parede con micropilotes e instalarase un muro de suxeición. No caso da LU-P-1010, tamén afectada por un corremento de terras, retírase o material que obstrúe a vía e asegurarase cun muro.
A Deputación destina 675.000 euros para estes traballos de mellora da estrada.