As obras en Castro (Carballedo) retomaranse nuns meses

RibeiraSacraXa
Os traballos na rúa da Fonte, que se iniciaran o pasado mes de outubro, contan cun investimento de 60.000 euros.
30 Dec 2020

As obras de mellora e reparación da rúa da Fonte, no núcleo de Castro en Carballedo, retomaranse a comezos do novo ano.

O obxectivo do proxecto é mellorar o tránsito circulatorio e a accesibilidade do vial central de Castro. Afecta a unha superficie de máis de 2.300 metros cadrados que actualmente presentan importantes deficiencias, con fochancas, cambios de pavimento, saltos e roturas.

Os traballos iniciáronse o pasado mes de outubro e contan cun investimento de máis de 60.000 euros.

0.17096614837646