As obras de rehabilitación do firme na estrada LU-933, en Monforte en marcha desde este martes

RibeiraSacraXa
Esta intervención ten un investimento que rolda os 52.000 euros e ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a comodidade de rodadura dos usuarios da vía
rua-chantada-LU-933-monforte
LU-933, Monforte de Lemos
13 Nov 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas iniciou este martes, 12 de novembro, as obras de rehabilitación do firme na estrada LU-933, no concello de Monforte.

Esta actuación, que suporá un investimento que rolda os 52.000 euros, abarca unha mellora de 1000 metros lineais de calzada, entre os puntos quilométricos 0 e 1+090, tramo coincidente coas rúa Chantada e a Avenida Galicia.

As actuación que se levarán a cabo con medios propios de conservación de estradas da Xunta ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a comodidade de rodadura dos usuarios deste vía.

Así, a obras obxecto desta intervención, consistirán no fresado localizado do pavimento existente e reposición con formigón bituminoso, para aquelas zonas onde, mediante unha inspección visual, constatouse a presenza de roturas puntuais e fisuras na capa de rodadura; así como zonas deformadas debido a asentamentos producidos en gabias de redes de servizos.

A actuación terá o ancho do carril completo e completarase mediante o pintado da sinalización horizontal na totalidade do tramo afectado polas obras.

Durante a execución das obras está previsto a habilitación de carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando sexa necesario, ante posibles interrupcións do tráfico durante as mesmas.

0.21883606910706