As obras de mellora da estrada N-120 xa están en marcha
RibeiraSacraXa
As obras de mellora da estrada N-120 xa están en marcha
28 Xan 2023
A estrada N-120 está sendo mellorada co arranxo da capa de rodamento, unha obra que comezou á altura do municipio de Sober e levaranse a cabo ata o límite da provincia de Lugo na zona de San Martiño.
Recentemente, o alcalde de Quiroga demandara actuacións sobre a N-120, xa que a capa de rodamento presentaba fochancas que facían "moi perigoso circular por ela, sobre todo en días de chuvia", explicou.
Así, púxose en contacto coa Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, para que xestionara o seu arranxo ante a Xefatura Territorial de Estradas na Coruña e o Ministerio de Infraestructuras.