As obras de mellora da Casa da Cultura de Monforte obrigan a pechar a Biblioteca
RibeiraSacraXa
As instalacións permanecerán pechadas ao público ata o 7 de xullo

Biblioteca Municipal de Monforte
27 Jun 2025
Dende o Concello de Monforte informan a todos os veciños do peche temporal da Biblioteca Municipal ata o próximo día 7 de xullo por mor das obras de mellora de eficiencia enerxética que se están a desenvolver na casa da cultura, incluída a biblioteca, co obxectivo de mellorar as condicións do edificio para o beneficio e desfrute de todos os usuarios.
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións poidan ocasionar.