As obras de conexión da rede de abastecemento coa Zona D de Monforte provocarán cortes de auga na rúa Cardenal

RibeiraSacraXa
O corte afectará únicamente á marxe dereita da rúa, en sentido da circulación, entre o cruce coa avenida de Galicia e o Parque dos Condes, durante a mañá deste mércores
Imaxe dun grifo de auga
16 Dec 2025

O Concello de Monforte informa que mañá mércores 17 de decembro se interromperá o subministro de auga nun tramo da rúa Cardenal debido ás obras de conexión da rede de abastecemento coa Zona D, onde se están a realizar traballos de urbanización.

O corte afectará únicamente á marxe dereita da rúa Cardenal, en sentido da circulación, entre o cruce coa avenida de Galicia e o Parque dos Condes, e se producirá desde as 9:30 ata as 12:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.074957132339478