As mulleres de Quiroga gozaron dun obradoiro de manualidades organizado pola Área da Muller do Concello

RibeiraSacraXa
A actividade forma parte do programa “Entre nós”, que inclúe outras dúas citas nas próximas semanas
obradoiro-manualidades-mulleres-quiroga
24 Oct 2025

A Área da Muller do Concello de Quiroga continúa co seu programa de actividades para o último trimestre do ano, e na tarde de onte celebrouse a primeira sesión do ciclo de manualidades “Entre nós”, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e o encontro entre veciñas.

O obradoiro tivo lugar nas instalacións do Centro Social e estivo impartido por Maite Pérez, que guiou ás participantes na elaboración dunha bandexa decorada coa técnica do decoupage. Durante a actividade, as asistentes traballaron con papel de arroz, pintura acrílica e vernices especiais para completar unha peza única de inspiración outonal.

O programa “Entre nós” inclúe outras dúas citas nas próximas semanas, unha o 14 de novembro, cun taller dedicado á técnica do lettering, e outra o 12 de decembro, centrado nas manualidades de Nadal.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Centro de Información á Muller de Quiroga, ben de maneira presencial ou chamando ao teléfono 982 438 951.

⚙ Configurar cookies
0.072850942611694