As mulleres de Quiroga e Ribas de Sil están invitadas á VII cea de confraternidade entre mulleres

RibeiraSacraXa
O Centro de Información á Muller (CIM) organiza, xunto co Concello de Quiroga, a VII edición da cea de confraternidade entre mulleres en homenaxe ás mulleres da comarca de Quiroga e Ribas de Sil.
Cim Quiroga
Cim Quiroga
16 Feb 2024

O Centro de Información á Muller (CIM) organiza, xunto co Concello de Quiroga, a VII edición da cea de confraternidade entre mulleres en homenaxe ás mulleres da comarca de Quiroga e Ribas de Sil.

Esta iniciativa, que terá lugar o 8 de marzo ás 21.30 horas, acollerá a todas as mulleres que estean interesadas en participar desta xuntanza de sororidade dos dous municipios.

O centro social de Quiroga será o escenario do desenvolvemento da actividade, que contará co catering Ruxe-ruxe e o concerto de Gin Tonics para amenizar a noite.

0.099272012710571