As mulleres de Quiroga conmemoraron o Día da Muller Rural cunha xuntanza na Seara

RibeiraSacraXa
A xornada, organizada polo CIM de Quiroga, estivo guiada por Xavier Blanco e Martina Ferradás, da Fundación Legar
dia-da-muller-rural-quiroga-fundacion-legar
13 Oct 2025

Un grupo de 17 mulleres da comarca de Quiroga participou este sábado na actividade “Mulleres Raíz”, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) dentro do programa de actividades da Área da Muller do Concello para o último trimestre do ano.

A excursión, dirixida exclusivamente a mulleres, partiu das inmediacións da Casa da Cultura en autobús con destino á aldea da Seara, onde as participantes visitaron o museo da Fundación Legar e participaron nun percorrido sonoro polo pobo guiado por Xavier Blanco e Martina Ferradás.
Durante a xornada, que contou coa presenza da concelleira de Igualdade, Maite Pérez Grao, as asistentes compartiron un espazo de convivencia e amizade que rematou cun xantar no centro social da Seara.

Esta iniciativa enmárcase na programación municipal para conmemorar o Día da Muller Rural, que se celebra o próximo 15 de outubro, e que incluirá novas actividades ao longo do mes coa finalidade de recoñecer o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento rural e social do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.069775104522705