As Merendas con Contos regresan a Sober
RibeiraSacraXa
As sesións desenvolveranse en tres quendas ao longo do curso, entre outubro e xuño

Imaxe dunha das 'Merendas con Contos' de Sober
5 Oct 2025
O Concello de Sober retoma a actividade de animación á lectura Merendas con Contos, destinada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
As sesións desenvolveranse en tres quendas ao longo do curso, comezando o 10 de outubro e prolongándose ata o 12 de decembro, continuando do 16 de xaneiro ao 13 de marzo e rematando do 10 de abril ao 5 de xuño. A iniciativa busca fomentar o gusto pola lectura de forma divertida e participativa entre os máis pequenos.