As Merendas con Contos do mes de decemebro estarán centradas no Nadal
RibeiraSacraXa
Este venres, os nenos e nenas poderán descubrir “Nadalario, distintas formas de celebrar o Nadal polo mundo”

5 Dec 2025
As Merendas con Contos de Sober entran de cheo no ambiente festivo. Este venres, os nenos e nenas poderán descubrir “Nadalario, distintas formas de celebrar o Nadal polo mundo”, unha actividade a cargo de Rena Ortega que incluirá tamén un obradoiro de creación de adornos de Nadal.
A programación continuará o venres 12 de decembro cunha nova sesión que combinará a narración do conto “La Huelga de los Camellos” cun obradoiro titulado “O mantel dos Reis Magos”, dirixido por Sabela Coutado.