As Merendas con Contos de Sober festexan o Mes das Letras

RibeiraSacraXa
Haberá unha actividade cada venres na Biblioteca Municipal de Sober destinada aos nenos nenas do municipio
Merendas-con-contos-Sober-pasado
Merendas con Contos, Sober
9 May 2025

As Merendas con Contos da Biblioteca de Sober deste mes de maio festexan o ‘Mes das Letras’, co gallo do Día das Letras, que este ano homenaxeará ás cantareiras.

O programa arranca este mesmo venres coa lectura ‘As letras da Galicia pequeniña’ e o obradoiro ‘Xogamos coas letras’. O 16 de maio será a quenda da lectura ‘Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas’, e o obradoiro ‘Contos e Lendas’, con Antía Vázquez e o músico André Espiñeira.

O venres 23 de maio a lectura escollida será ‘Diferentes diferenzas’, de Silvia Penide Emilio Urbruaga, e o obradoiro posterior será impartido por Paula Santos, educadora social, baixo o título ‘Conectando en Igualdade. Sentimos para respectar’. Por último, para rematar o mes, as Merendas con Contos irán ao cine.

Todas as actividades, postas en marcha dende o Concello de Sober co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos, desenvolveranse entre as 16.30 e as 19.00 horas nas instalacións da Biblioteca Municipal.

⚙ Configurar cookies
0.15853595733643