As Maxestades de Oriente entregaron os agasallos aos nenos de Bóveda

RibeiraSacraXa
Los niños de Bóveda recibieron en el ayuntamiento a sus majestades los Reyes Magos de Oriente que hicieron entrega de sus regalos.
Reis magos boveda2
6 Xan 2022

O Concello de Bóveda recibiu aos Reis Magos na casa consistorial. Esta cita deu comezo ás 18.00 horas coa chegada das súas Maxestades de Oriente.

Durante os días anteriores a súa chegada, os nenos puideron deixar as súas cartas coas peticións e desexos na caixa de correo real habilitada para o mesmo no Concello.

Os Reis Magos de Oriente visitaron na tarde de onte o Concello de Bóveda, alí fixeron entrega de agasallos a todos os nenos e nenas que previamente se tiveron que anotar. Esta actividade encheu de sorrisos e desexos cumpridos a sala.

A recepción dos agasallos levouse a cabo cumprindo todas as normas sanitarias en vigor para que esta cita fose segura para todos os veciños, promovendo o control de contaxios e a saúde dos cidadáns.

0.083538055419922