As inscricións para o Quiroga Trail Challenge permanecerán abertas ata o 2 de febreiro

RibeiraSacraXa
A proba líder das carreiras de montaña en Galicia terá lugar o 15 e 16 de febreiro
Quiroga-Trail-Challenge-8
Quiroga Trail Challenge
13 Jan 2025

O Quiroga Trail Challenge, consagrado xa como proba líder das carreiras de montaña en Galicia, regresa os días 15 e 16 de febreiro de 2025. Os participantes poderán gozar do incomparable marco que ofrece o Xeoparque Montañas do Courel e da comarca de Quiroga en todo o seu esplendor. Dende a organización lembran que o prazo para inscribirse estará aberto ata o 2 de febreiro.

Nesta edición aparecen novas distancias que buscan os mellores percorridos e adaptarse a todos os gustos. En distancia ultra poderase escoller entre 83 ou 53 km, para os que queiran dar o salto a esta modalidade. Permanece a maratón de 42, o trail de 29 e o minitrail de 17 km.

Estrearase distancia de 10 kms, tanto o sábado coma o domingo: “as carreiriñas”, para aqueles que busquen iniciarse no mundo do trail ou, simplemente, gozar dun percorrido máis curto.

Tamén se manterá a andaina do sábado e as modalidades de circuíto: correr os dous días da fin de semana ou un único día de calquera dos dous.

0.16729211807251