As Foliadas Guímaras regresan á Pobra do Brollón

As Foliadas Guímaras regresan á Pobra do Brollón neste 2025, en colaboración entre o Concello e os veciños e veciñas de distintas parroquias e municipios.
A primeira delas terá lugar o vindeiro 10 de maio en Pacios de Veiga, e está organizada en colaboración coa Asociación Veciñal 'Arnado'. A cita arrancará ás 20.30 horas no Local Social e contará coa actuación da agrupación Érbedo. Durante o evento repartirase caldo entre os participantes, que deberán levar cunca e culler.