As Folíadas Guímaras chegan á parroquia de Lamagreixa, na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A parroquia de Lamagreixa, no Concello da Pobra do Brollón, acollerá unha nova edición das Foliadas Guímaras o vindeiro 25 de novembro no local social.
foliadas_guímaras_a_pobra_do_brollón
foliadas_guímaras_a_pobra_do_brollón
14 Nov 2023

A parroquia de Lamagreixa, no Concello da Pobra do Brollón, acollerá unha nova edición das Foliadas Guímaras o vindeiro 25 de novembro no local social.

O evento, que comezará ás 20.00 horas, contará coa actuación do dúo Periférico e na iniciativa haberá barra e caldo, polo que convidan aos asistentes a traer cunca e culler.

Un dos obxectivos das Foliadas Guímaras é descentralizar a programación cultural para levala polas diferentes parroquias e invitan a todas as persoas que conforman a parroquia a participar deste evento cultural.

foliada_guímaras_a_pobra_do_brollón
0.098819017410278