As Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil, acollerán moitas actividades para a veciñanza

RibeiraSacraXa
As festas desenvolveranse os días 13, 14, 15, 16 e 17 de agosto na praia fluvial e noutras localizacións da vila de San Clodio
San-Clodio-Ribas-de-Sil
5 Ago 2024

San Clodio, en Ribas de Sil, celebra as súas grandes Festas Patronais os vindeiros días 13, 14, 15, 16 e 17 de agosto coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel.

Desta maneira, o día 13, haberá polbo nos establecementos e o día 14 comezará a festa de maneira grande cunha xornada de portas abertas de Pazo de La Cuesta de 11.00 a 13.00 horas e tamén haberá durante a mañá e a tarde inchables na praia fluvial e festa da escuma.

Ese mesmo día, a partir das 19.30 horas terá lugar unha minimerenda no anfiteatro da praia fluvial para os nenos e sesión de conracontos con Animar-T teatro na que se interpretará ‘A historia de Martín’. Xa ás 21.30 horas haberá unha chourizada no Concello  e ás 22.30 horas actuará Estefanía Fernández e a Orquestra Solara.

Pola súa parte, o día 15 comezará cun pasarrúas do Grupo de Gaitas Brabán gaiteiros e ás 12.00 horas haberá tradicional procesión polas rúas de San Clodio e misa ás 13.00 horas. Pola tarde haberá festa e verbena a cargo da Orquestra Chanel e ás 23.00 horas actuará a Banda de Música de Lourenzá.

Xa o día 16 de agosto se desenvolverá Rock & Viño, a terceira edición da Festa do Viño na praia Fluvial a partir das 19.00 horas. Así, durante a tarde actuará o Dj Adri Díaz, O Recanto, Caminantes, Dooc Magoo e Dj Dani Daniel. Finalmente, rematará o día ás 00.30 horas cunha sesión de fogos de artificio na praia fluvial.

Para rematar as festas, o 17 de agosto ás 10.00 horas será a XXVIII Subida Ciclista a Torbeo e ás 20.00 horas terá lugar os Monicreques na praia fluvial, interpretando ‘De Vilatriste a Vilalegre’.

0.21076607704163