As Festas dos Milagres de Taboada celebraranse entre o 9 e o 12 de agosto

RibeiraSacraXa
Durante catro días celebraranse diferentes actividades para o desfrute da veciñanza, contando con orquestras como O Combo Dominicano
festas-dos-Milagres-de-Taboada
2 Ago 2024

O Concello de Taboada presenta o cartel no que anuncia a programación deseñada para as Festas dos Milagres que terá lugar do 9 ao 12 de agosto coa colaboración da Deputación de Lugo.

Desta maneira, o venres 9 comezará a festa infantil cunha actuación no parque ás 18.00 horas co espectáculo de circo Cigani de Antón Coucheiro e ás 19.30 horas haberá unha hora gratis de atraccións para nenos e nenas ata os 16 anos. Xa á noite, ás 23.00 horas, haberá actuación de Recambios Tucho, La Quinkillada, A Banda da Balbina e Dj The Palagans.

Pola súa parte, o día 10 ás 13.00 horas terá lugar o concerto na Alameda da Banda EGS de Lugo e verbena coa orquestra La Noria. A partir das 18.00 horas terá lugar o pasarrúas con Os Afogapalletas e Batucada Batú e Disco Móbil.

Xa o domingo, 11, haberá un concerto ás 13.00 horas na Alameda da man da Banda de Chantada e ás 20.00 horas será o Festival Internacional de Danza Crea Danza de Colombia e Os Rechouchíos. Xa á noite haberá verbena coa orquestra Combo Domincano.

Finalmente, o l2, luns, será a Festa do Óso na Medela, coa participación da Charanga os Bandiños e haberá festa da escuma e xogos na Medela ás 18.00 horas. Finalmente, ás 23.00 horas, actuarán Carta de Ajuste e Unión Phenosa no palco da Escenavana.

0.19910216331482