As festas de verán de Quiroga celebraranse entre o día 8 e o 12 de agosto

RibeiraSacraXa
Serán cinco días con moita música nos que actuarán dúas das mellores orquestras de Galicia
festas-Quiroga
21 Xul 2024

O Concello de Quiroga comeza a facer públicas as actuacións das súas festas de verán, marcadas para os días 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto.

Cinco días con moita música nos que actuarán dúas das mellores orquestras de Galicia: a Panorama e o Combo Dominicano.

No programa festeiro non faltará un grupo de música tradicional de renome, o grupo folk Treixadura.

O espectáculo musical Michael Legend, un tributo musical ao Rei do Pop; o grupo Asia e os Gin Toni`s coas súas versións dos oitenta forman parte do cartel musical no que tamén está o grupo local revelación deste ano Mario Colomán & The Clocks Band.

0.19562792778015