As familias do CEIP Ribas de Sil concéntranse esta tarde fronte ao centro educativo

RibeiraSacraXa
Pedirán á Xunta que lles manden un profesor ou profesora máis para que poidan haber tres aulas de Educación Primaria e non dúas como ata agora
colexio-San-Clodio-Ribas-de-Sil
16 Ago 2024

As familias que teñen aos seus pequenos no colexio de San Clodio de Ribas de Sil maniféstanse esta tarde, a partir das 19.30 horas, diante do centro educativo para protestar contra o recorte de profesorado.

Así, reclamaranlle á Xunta de Galicia que mande un profesor máis ao centro educativo, xa que lles corresponde polas ratios marcadas na lexislación. As familias, a través da Federación de Anpas, xa reclamou en xullo este profesor ou profesora, xa que teñen 34 alumnos e alumnas e ten catro profesores a xornada completa, sendo un en Infantil, dous en Primaria e un dedicado á dirección.

Así, din necesitar un profesor máis para poder ter unha aula máis na Primaria, xa que os niveis son moi diferentes e é complicado atender a nenos de tan diferentes idades. Ademais, se falta un profesor, a situación complícase moito máis.

0.19690084457397