As Escolas Deportivas de Chantada aínda teñen prazas dispoñibles
Dende o Concello de Chantada lembran a tódolos veciños e veciñas interesados que ata o día 30 deste mes, todavía poden apuntarse nas actividades das escolas municipais xa que aínda quedan prazas dispoñibles.
Ata o mércores 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para realizar as inscricións para este curso 2022-2023, para ampliar calquera tipo de información pódese chamar ó teléfono 616 533 339 ou ben visitar o seguinte enlace para descargar os formularios de inscrición:
Do mesmo xeito, dende as Escolas Deportivas de Chantada lembran que as persoas inscritas na pasada tempada que aínda non levaran o material deportivo, pódeno recoller ata finais deste mes de novembro no Pavillón Municipal. As oficinas permanecerán abertas os luns e mércores en horario de 20.00 a 21.00 horas.