As corais que participaron no Concerto de Corais de Nadal de Monforte foron homenaxeadas

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu ao tradicional Concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte que se celebrou na igrexa da Nosa Señora da Antiga.
23 Dec 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu ao tradicional Concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte que se celebrou na igrexa da Nosa Señora da Antiga.

No concerto, estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán e Consumo, Regina López.

O recital correu a cargo da Coral Polifónica de Monforte, a Coral Polifónica de Sarria e a Coral de Adultos do Conservatorio de Viveiro, que interpretaron un variado e completo programa musical de pezas tipicamente de Nadal, ante numeroso público que ateigou a igrexa da Compañía.

O rexedor terminou o acto facendo entrega dun agasallo institucional a cada unha das dúas corais que se achegaron ata Monforte para protagonizar este concerto de Nadal, xunto á Coral Polifónica monfortina.

0.08085298538208