As Bolsas ‘Pintor de Castinandi’ xa teñen gañadores para o taller de fotografía de David Jiménez

O Concello de Sober e o proxecto cultural A Plantación fixeron pública a resolución da 5ª edición das Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ Verán 2025. Nesta ocasión, as bolsas recaeron en Valeria Andreina Rueda Rincón (Caracas, residente en Ourense), Steffan Abella Abad (Ponferrada, León) e Mara Vecoña Vieira (Ourense).
O xurado subliñou o elevado número de solicitudes presentadas e a calidade dos traballos, que fixeron que a selección fose especialmente disputada.
As bolsas, dirixidas a mozas e mozos de ata 40 anos, permitirán aos seleccionados participar de forma gratuíta no taller de fotografía impartido por David Jiménez, que se celebrará do 27 de xullo ao 1 de agosto na Casa Grande de Rosende. Cada bolsa está valorada en 865 euros.
As Bolsas ‘Pintor Castinandi’ forman parte das actividades de La Plantación. Encuentros y Conocimiento, un proxecto cultural galego que promove o encontro entre creadores e persoas interesadas en distintas artes, tanto profesionais como afeccionadas, para reflexionar e compartir proxectos creativos.