As asociacións de Monforte xa poden solicitar as subvencións municipais para financiar a súa actividade

RibeiraSacraXa
O equipo de Goberno de Monforte vén de anunciar que, tras aprobar as bases das subvencións municipais destinadas a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, sen ánimo de lucro e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, para actividades realizadas no exercicio 2023; e saír publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ditas asociacións xa poden proceder a solicitalas.
Clausura Plan Activa Monforte
3 Oct 2023

O equipo de Goberno de Monforte vén de anunciar que, tras aprobar as bases das subvencións municipais destinadas a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, sen ánimo de lucro e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, para actividades realizadas no exercicio 2023; e saír publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ditas asociacións xa poden proceder a solicitalas.

Trátase dunha nova liña de axudas que contan cunha unha partida de 3.202,43 euros que está incluída nos 12.000 euros que o Concello destinou para estas axudas en xullo, e que tras finalizar o praza de presentación de solicitudes, dita partida de 3.202,43 euros non foi gastada para os fins reflexados na convocatoria destas axudas.

Polo tanto, o Concello pon a disposición este remanente, para que aquelas asociacións que non solicitaran a axuda por entón, teñan a posibilidade de facelo a través desta nova convocatoria. Para elo, as asociacións interesadas terán dende ata o luns 16 de outubro, incluído, para presentar as súas solicitudes. Concedidas as diferentes subvencións, o prazo para xustificalas será ata o 7 de decembro de 2023. O importe de cada subvención non poderá superar os 1.000 euros, nin o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade.

O rexedor, José Tomé Roca, destaca que “o que pretendemos, con esta liña de axudas, é seguir apoiando a labor das nosas asociacións, a fin de apoiar actividades que son imprescindibles para o desenvolvemento cultural da nosa cidade, como son charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc.”.

Obxectivo das axudas

A finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2023.

Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.

O alcalde salienta que “con estas axudas dende o Equipo de Goberno do Concello apoiamos ás iniciativas, actuacións e programas que contribúen á dinamización da vida cultural de Monforte, actividades que complementan os programas dos servizos culturais municipais e que se dirixen á comunidade en xeral. E facémolo especialmente nun momento no que as administracións debemos apoiar á cultura, porque é parte esencial da nosa sociedade.”

0.14718914031982